Axuda:Editor visual/Guía de usuario
![]() |
Nota: Ao editar esta páxina, acepta liberar a súa contribución baixo a licenza CC0. Consulte as páxinas de axuda sobre o dominio público para obter máis información.
|
![]() |
VisualEditor portal |
---|
General |
Acerca de |
Axuda sobre o lanzamento |
Contents
- 1 Abrir o editor visual
- 2 Primeiros pasos: a barra de ferramentas do editor visual
- 3 Gardar os cambios
- 4 Editar as ligazóns
- 5 Editar as referencias
- 6 Editar as imaxes e outros ficheiros multimedia
- 7 Edición de modelos
- 8 Editando listas
- 9 Editar as táboas
- 10 Editar as categorías
- 11 Editar a configuración da páxina
- 12 Editing maps
- 13 Editar as fórmulas matemáticas
- 14 Editando partituras musicais
- 15 Editar os poemas e outros elementos especiais
- 16 Cambiar de modo de edición
- 17 Atallos de teclado
Abrir o editor visual
Para editar unha páxina mediante o editor visual, prema na lapela "Editar" que hai na parte superior da páxina.
Abrir a páxina no modo de edición pode levar uns segundos; tardará máis tempo se a páxina é moi longa. Se preme na lapela "Editar a fonte", abrirá o editor de texto wiki fonte clásico. |
|
Tamén pode abrir o editor visual premendo na ligazón "editar" que hai en cada sección. |
Primeiros pasos: a barra de ferramentas do editor visual
A barra de ferramentas do editor visual aparece no canto superior da pantalla ao facer uso do editor visual. Inclúe algunhas iconas familiares: | |
Desfacer e Refacer as modificacións que teña feitas. | |
Menú despregable de cabeceiras: permite cambiar o formato do parágrafo. Para cambiar o estilo dun parágrafo, poña o cursor no parágrafo e seleccione un obxecto neste menú (non ten que seleccionar ningún texto). Aos títulos de sección dáselles formato con "Cabeceira", e ás subseccións con "Subcabeceira 1", "Subcabeceira 2" e así sucesivamente. O formato normal para o texto é "Parágrafo". | |
Formato: Ao premer en "A", ábrese un menú.
Se non seleccionou ningún texto, ó premer en A para abrir o menú e seleccionar un obxecto, ese formato será aplicado ó texto que está a escribir, a partir de onde estea situado o cursor. | |
Ferramenta de ligazóns: A icona da cadea é a ferramenta de ligazóns. Premendo nela (normalmente despois de seleccionar algo de texto) ábrese a caixa de diálogo de ligazóns. | |
Menú de citas: O menú "Citar" úsase para engadir citas en liña (tamén chamadas "referencias" ou "notas"). Todos os proxectos teñen acceso ao formato de referencias básico e a capacidade de reusar as citas usando este menú. Este menú tamén dá acceso rápido ós modelos de cita locais, se estes están activados na súa wiki.
(As instrucións para engadir modelos de cita locais ao menú Citar nun wiki específico están dispoñibles en VisualEditor/Citation tool .) | |
Botón Citar: Se o servizo citoid está activado na súa wiki, verá entón un botón Citar en lugar dun menú Citar.
O servizo citoid intenta encher modelos de citas de xeito automático. | |
Listas e sangría: As primeiras dúas iconas permiten dar formato ao texto a modo de "Lista con asteriscos" ou "Lista numerada". As últimas dúas iconas permiten aumentar ou diminuír o nivel de sangría dos elementos da lista. | |
Inserir: O menú "Inserir" pode ser diferente nalgúns proxectos. A continuación hai unha lista con todas as opcións que poden aparecer.
| |
Inserción de caracteres especiais: A icona "Carácter especial" (Ω) está ó lado do menú "Inserir". Ao premer ela, móstrase unha caixa de diálogo con algúns caracteres especiais. Ao premer sobre un carácter en concreto, insírese no texto. Entre estes caracteres especiais atópanse algúns símbolos estándar, diacríticos e símbolos matemáticos. (Esta lista pode personalizarse localmente. Consulte VisualEditor/Special characters para obter máis instrucións.) |
O botón Avisos de edición amosa calquera aviso para a páxina. | |
O menú "Opcións da páxina" está ao lado esquerdo do botón "Publicar os cambios". Neste menú hai opcións para axustar a configuración da páxina, como se é unha páxina de redirección ou como está indexada; tamén permite engadir, editar ou borrar categorías e ver a lista de artigos sobre o mesmo tema noutras linguas a través da opción "$language".
The tabs of the Options dialog are also displayed in the Opcións da páxina menu and can be opened by clicking on it. Furthermore the Opcións da páxina menu contains the button View as right-to-left and the button Find and replace which opens a dialog where you can insert characters, terms or Regular expressions you are searching for and those to replace them with, together with several buttons for options. | |
O botón cambiar a edición da fonte está localizado ó lado do botón Publicar os cambios. Permítelle cambiar ó editor de código fonte, o wikitexto. |
Gardar os cambios
Cando remate as súas modificacións, prema no botón azul "Publicar os cambios" da barra de ferramentas. Se non fixo cambios, o botón non estará activo (aparecerá cun ton gris). Para cancelar todas as modificacións que realizou, peche a xanela do seu navegador, ou prema na lapela "Ler" que están enriba da barra de ferramentas de edición. | |
Ao premer no botón azul "Publicar os cambios" ábrese unha caixa de diálogo. Nesa xanela pode engadir un pequeno resumo das súas modificacións, marcar a edición como pequena e/ou engadir a páxina á súa Lista de vixilancia. A caixa para o resumo é equivalente ao campo Resumo: mostrado no editor clásico de texto wiki.
Tamén pode revisar as modificacións que fixo mediante o botón "Revisar os seus cambios", para ter a certeza de que funcionan como desexa antes de gravalas. Esta opción é similar ao botón "Amosar os cambios" do editor clásico de texto wiki. O botón "Continuar a edición" fai que o editor regrese á páxina que estaba a editar. Pode gravar as súas modificacións máis tarde. |
Editar as ligazóns
As ligazóns poden engadirse usando a icona "Ligazón" (os elos dunha cadea) da caixa de ferramentas ou mediante o atallo de teclado Ctrl+K (ou ⌘ Command+K nun Mac).
Se selecciona (resalta) texto e logo preme no botón "Ligazón", ese texto será usado na creación da ligazón. Para unha ligazón que use só unha palabra, pode seleccionar esa palabra ou simplemente poñer o cursor nela. | |
Tanto empregando o botón coma o atallo ábrese unha caixa de diálogo na que pode inserir a ligazón. O editor visual ha axudar coas ligazóns internas (as ligazóns cara a outras páxinas da Wikipedia) buscando coincidencias mentres escribe.
A ferramenta de ligazón intentará axudar coas ligazóns internas, procurando correspondencias probables. | |
Así que teña tecleada ou seleccionada a ligazón, pode premer ↵ Enter ou premer no botón "Feito" para rematar o proceso. A súa ligazón aparecerá inmediatamente na páxina do editor visual, pero coma nos outros cambios na páxina, non se gardará ata que grave toda a páxina. | |
Para crear unha ligazón cara a unha páxina web ou a outro sitio web, o proceso é similar: escolla a lapela "External link" e insera o enderezo URL na caixa. | |
As ligazóns externas sen etiqueta son así: [1]. Pode engadir unha poñendo o cursor lonxe de calquera palabra (por exemplo, despois dun espazo). Abra a ferramenta de ligazóns premendo no botón ou premendo as teclas do atallo de teclado. Escriba o enderezo URL na caixa e prema no botón "Feito" para inserir a ligazón. | |
Para cambiar ou eliminar unha ligazón existente, prema dentro do texto desa ligazón e logo na icona "Ligazón" que aparece ao seu carón. Así aparecerá unha caixa de diálogo para editar a ligazón. (Tamén pode abrir ese diálogo co atallo de teclado Ctrl+K.) Cando se selecciona unha ligazón, aparece destacada en azul.
Na caixa de diálogo de edición de ligazóns, pode entón editar o destino da ligazón. Poderá tamén borrala por completo premendo no botón "Eliminar" que hai no recuncho superior dereito da xanela. Pode tamén abrir a páxina de destino da ligazón noutra xanela premendo na copia da ligazón na xanela de diálogo. (Pode querer facer isto para verificar se unha ligazón externa é válida.) Se desexa sair da etiqueta da ligazón (o texto que se mostra como ligazón) ou continuar escribindo despois da ligazón, pode seleccionar →:
Para editar o texto dunha ligazón xa existente, prema no texto da ligazón e escriba un novo. Pero se quere substituír todo o texto, por favor, teña en conta:
|
Editar as referencias
- For further information, see Axuda para usar os modelos de cita ou Axuda para usar o botón de Citar
Determinar que sistema está en vigor | |
A súa wiki pode usar un dos tres sistema de notas ó pé. A opción mostrada á dereita é o sistema máis simple, onde o menú "Citar" non inclúe ningún modelo de cita. Se a súa wiki usa este sistema, entón todo o que precisa saber sobre as notas está nesta páxina. | |
O segundo sistema posúe o mesmo tipo de menú "Citar", pero con varios modelos de cita populares listos para ter un acceso rápido. Se a súa wiki utiliza este sistema, entón atopará máis detalles en Help:VisualEditor/User guide/Citations-Templates | |
No terceiro sistema, de novo comeza premendo no botón de Citar. Entón ábrese unha xanela de diálogo, o cal inclúe un proceso automático de citas usando o servizo citoid. Se a súa wiki usa este sistema, atopará máis detalles en Help:VisualEditor/User guide/Citations-Full | |
Editar unha referencia existente | |
Para editar unha referencia existente, prema onde aparece no texto (normalmente como un número entre corchetes). Aparecerá unha icona "Referencia" (marcapáxinas) ou unha icona (e un nome) para o modelo que se usou para crear esa referencia. En calquera caso, premendo no botón "Editar" abrirá unha xanela de diálogo onde pode editar a referencia. | |
Para a icona "Referencia", premendo en "Editar" abre a xanela de diálogo de Referencias. Para comezar a modificar a información da referencia, prema sobre ela. Moitos wikis utilizan modelos para formatar referencias. Se na súa referencia está a usarse un modelo, entón cando move o seu punteiro sobre a información da referencia, toda a información dese campo será destacada. Se se estaba a usar un modelo e vostede preme na información da referencia, entón aparecerá a icona Modelo (a peza de crebacabezas) con algunha información. Prema no botón "Editar" para editar o contido do modelo na mini-xanela de edición. |
|
Se, ó premer nunha referencia, aparece unha icona dun modelo estándar para citas (móstrase un exemplo á dereita), entón premendo en "Editar" abrirá á mini-xanela de edición do modelo. | |
Na xanela de edición do modelo, pode engadir ou quitar calquera tipo de información ou cambiar o contido actual. Inicialmente só se mostrarán os campos (parámetros do modelo) que teñan contido. Para engadir campos, prema en "Engadir máis información" na parte inferior da mini-xanela. | |
Prema en "Aplicar os cambios" cando remate. | |
Reutilizar unha referencia existente | |
Se a páxina xa contén unha referencia que se aplica ó texto que quere referenciar, entón pode escoller reutilizar esa cita existente.
Para reutilizar unha referencia existente, poña o seu cursor no corpo do texto no que a quere engadir unha referencia nova (número) para esa cita. Logo prema no elemento "Reutilizar referencia" do menú "Citar". (Nota: Se a súa wiki posúe o terceiro sistema de notas descrito arriba, verá unha pestana "Reutilizar", nunha caixa de diálogo, no canto dun elemento "Reutilizar" no menú "Citar".) |
|
Na caixa de diálogo Referencia, busque na lista pola referencia que quere reutilizar e selecciónea. Se hai varias referencias, pode utilizar a caixa de busca (nomeada "Procurar dentro das referencias actuais") para listar só as referencias que inclúan un texto determinado. | |
Engadir unha nova referencia | |
Para engadir unha nova referencia usando o menú "Citar", posicione o cursor onde a quere engadir no texto. De seguida, seleccione o tipo apropiado de cita do menú. | |
Usar a cita "Básica" | |
Amósase aquí o que verá se selecciona o elemento de referencia básica. No editor de Referencias, pode engadir a súa cita, incluíndo o formato.
Pode facer que a súa referencia pertenza a un certo grupo, aínda que normalmente non se especificada ningún. (Esta opción úsase para mostrar grupos de referencias coa ferramenta "Lista de referencias".) |
|
Na caixa de diálogo Referencia, se quere incluír unha predefinição de citação, ou qualquer nova predefinición, na súa nova referencia, prema na icona Modelo (peza de crebacabezas) no menú "Inserir" da barra de ferramentas do editor de referencias. | |
Despois, busque o modelo que quere usar, inclúao e edíteo como faría con un xa existente. (Vexa a sección Editar modelos abaixo se necesita de máis información.) Así que remate de editar o se novo modelo, prema en "Aplicar os cambios" para voltar ó editor de Referencia, e prema de novo "Aplicar os cambios" para voltar á páxina que estaba editando. |
|
Se aínda non hai unha lista de referencias na páxina (por exemplo, se está engadindo a primeira referencia á páxina), cómpre engadila para mostrar o texto da referencia no lugar que corresponda.
Coloque o cursor no sitio no que queira que aparezan as referencias (xeralmente ó final da páxina), abra o menú "Inserir", e prema na icona "Lista de referencias" (tres libros) para engadila. |
|
Se creou grupos de referencias, o que normalmente é raro, pode especificalos nesta xanela. Só se mostrarán as referencias que pertencen a ese grupo na páxina no lugar no que está a colocar o grupo.
O último paso é premer "Inserir" na xanela. |
|
Usar os modelos de cita estándar | |
A súa wiki local pode ter definidos modelos de citas adicionais no menú "Citar". Se é así, vostede terá un acceso rápido ós modelos de cita máis usados na súa wiki. (Instruccións para engadir modelos de cita locais ó menú $cite, nunha wiki específica, poden consultarse na páxina VisualEditor/Citation tool .) | |
Ó premer na icona dun modelo como "Citar libro", será enviado ó mini-editor dese mesmo modelo. Os campos de información importantes poden marcarse cun asterisco. Aínda que se mostran os campos máis comúns, é posible que non se necesiten todos. | |
Para engadir máis parámetros, baixe na xanela do modelo e prema na opción de "Engadir máis información". Prema en "Inserir" cando remate. |
Editar as imaxes e outros ficheiros multimedia
Editar as imaxes | |
Para engadir unha nova imaxe (ou outro ficheiro multimedia) á páxina, prema na icona "Ficheiros multimedia" da barra de ferramentas (un debuxo de montañas). | |
Ó premer na icona "Ficheiros multimedia" ábrese unha xanela que busca automaticamente ficheiros multimedia na Wikimedia Commons relacionados co título da páxina que está a editar. Pode buscar outros ficheiros multimedia cambiando o texto na caixa de procuras do diálogo. Prema nunha miniatura para elixir ese ficheiro. Desta forma, colocará a imaxe na páxina que está a editar. |
|
Despois de que se insira na páxina a imaxe que seleccionou, abrirase outra caixa de diálogo. A xanela permítelle que insira e edite unha lenda, que pode conter formato e ligazóns. | |
A xanela de ficheiros tamén permite a inserción de lendas e/ou textos alternativos, para axudar ós usuarios con lectores de pantalla, ou ós que teñen deshabilitada a visualización de imaxes nos seus navegadores. | |
Tamén pode definir varios parámetros da imaxe na xanela "Configuración avanzada". Estes inclúen o aliñamento, tipo e tamaño da imaxe. | |
Cando remate, prema en "Aplicar os cambios" para pechar a caixa de diálogo e volver ao editor da páxina. | |
Ó premer nunha imaxe existente, pode engadir ou editar a súa lenda ó premer na icona "Ficheiros multimedia" que aparece debaixo da imaxe. Pode redimensionar unha imaxe existente, premendo sobre ela, e en seguida, movendo a icona de redimensionamento (a frecha de dúas puntas nun ou nos dous cantos inferiores). Tamén pode arrastrar e soltar unha imaxe para cambiala de sitio na páxina. |
Subindo imaxes
Pode subir imaxes dende unha pestana da caixa de diálogo de ficheiros multimedia. | |
Prema na lapela "Subir" e seleccione unha imaxe do seu ordenador. Pode teclear o nome do ficheiro, ou arrastar unha imaxe na caixa. If you dragged and dropped an image directly into the editor, or pasted one from your clipboard, this tab will open automatically. | |
Ten que describir a imaxe e engadirlle categorías para que outras persoas poidan atopala. | |
A imaxe será inserida na páxina cando remate. |
Editar as galerías de imaxes
Para engadir unha nova galería, prema na icona "Galería" (un conxunto de fotografías) no menú "Inserir". (En caso de que non se mostre esta icona no menú, significa que a súa wiki local decidiu atrasar a aplicación desta funcionalidade no editor visual.) | |
Para editar unha galería existente co Editor Visual, prema na mesma. De seguida, na parte inferior da galería, prema na icona (un conxunto de fotos) para abrir o editor da galería e mostrar a lista completa de imaxes incluídas na mesma. | |
O editor de galerías é unha simple caixa que lle permite editar as galerías existentes usando wiki-texto. Para engadir novas imaxes á súa galería, debe incluír o nome do ficheiro, seguido dunha barra (| ) e da lenda que desexa engadir á imaxe. Cada imaxe da galería debe estar na súa propia liña. Tamén pode editar esta lista para eliminar e/ou reorganizar imaxes ou para alterar as lendas.
Cando prema no botón "Feito", sairá do editor de galerías. Despois xa verá os seus cambios, coa galería co aspecto que se lle mostrará ós lectores. Lémbrese que saír do editor de galerías non grava as súas modificacións. Igual que sucede con outras modificacións feitas co Editor Visual, debe gravar a páxina enteira para gardar o seu traballo. |
Edición de modelos
Comezando
Para engadir un novo modelo á páxina, poña o cursor no sitio onde queira inserir o modelo e prema na icona "Modelo" (a peza de crebacabezas) no menú "Inserir". | |
Introduza o nome do modelo que queira inserir. Cando o vexa na lista, prema no seu nome. Logo prema en "Engadir o modelo". | |
Pode tamén editar un modelo que xa se atopa na páxina. Ao premer no modelo para seleccionalo, ponse azul e aparece unha caixa con unha icona "Modelo" (peza de crebacabezas). Logo prema na ligazón "Editar". | |
Algúns modelos non son visibles para os lectores da páxina. No editor visual, estes modelos ocultos móstranse coma iconas de crebacabezas. O nome do modelo aparecerá ó lado da icona de crebacabezas. | |
Cando selecciona a icona, o menú de contexto aparece, e así pode editar o modelo. | |
Parámetros de modelo | |
Ó engadir un novo modelo ou ó abrir un xa existente, amósase a ventá "Transclusión". O contido depende de si o modelo foi documentado utilizando o novo sistema TemplateData ou non. | |
O modelo mostrado aquí non ten a información de TemplateData. A xanela de diálogo proporciona unha ligazón á documentación do modelo. Ó consultar a documentación poderá ver se o modelo ten algún parámetro (campos), e que debe engadir en cada un. Use números como nome para os campos sen nome. O primeiro parámetro sen nome denomínase 1 , o segundo denomínase 2 , e así seguido.
|
|
Se un modelo foi actualizado para ter a información de TemplateData, entón a pantalla de diálogo mostrará unha lista de parámetros (nomeados) individuais. | |
Para un modelo existente, pode editar os parámetros mostrados na xanela, e pode engadir parámetros premendo "Engadir máis información", na parte baixa da xanela. | |
Cando un modelo inclúe outros modelos, estes submodelos aparecerán como parámetros. Pódense editar ou eliminar premendo no nome do submodelo.
Os novos submodelos engádense seguindo os mesmos pasos que para engadir un parámetro. Se cadra, terá que consultar a documentación do modelo para asegurarse de que o submodelo é compatible. |
|
Rematando | |
Cando remate a edición dun modelo, prema en "Aplicar os cambios" para pechar a xanela e voltar á edición da páxina principal. | |
Substituír os modelos | |
Cando un modelo ten que ser substituído, escriba subst: (incluíndo os dous puntos) antes do nome do modelo.
A función de autocompletado non funciona con Despois, prema no botón azul "Engadir o modelo". Engada os parámetros como fai habitualmente e prema en "Inserir". |
|
Verá o modelo expandirse na páxina despois de premer en "Aplicar os cambios". |
Editando listas
Pode usar o editor visual para crear listas, ou para cambiar o formato dunha lista existente. Hai dous tipos de listas: non ordenadas e ordenadas (numeradas).
Para comezar unha nova lista, prema nun dos dous elementos do menú mostrados aquí. Ou, se xa ten tecleada a lista (en liñas separadas), seleccione (resalte) a lista que tecleou, e logo prema nun dos elementos do menú. | |
Aquí amósanse exemplos dos dous tipos de listas: non ordenadas e ordenadas (numeradas). | |
Se quere cambiar o nivel identación de parte dunha lista, seleccione a parte que quere cambiar. | |
Logo use o menú, ou prema a tecla Tab. (A tecla Tab aumenta a identación, use a tecla Shift xunto coa tecla Tab para diminuír a identación). | |
Este é o resultado dunha identación aumentada. | |
Pode mesturar listas ordenadas (numeradas) e non ordenadas, se os elementos da lista teñen identacións diferentes. |
Editar as táboas
Pode usar o Editor visual para inserir e cambiar táboas.
Pode, incluso, importar unha táboa arrastrando un ficheiro de valores separados por coma (.csv) dende o seu ordenador ata a xanela de edición principal. | |
Cando preme en "Táboa", no menú "Inserir", o Editor Visual insire unha táboa de catro por catro en branco. Agora o menú "Táboa" está dispoñible. Dende este menú, pode engadir un título na parte superior da táboa. |
|
Para seleccionar unha cela, presiónea unha vez. | |
Para editar os contidos dunha cela (por exemplo, para engadir contido ou corrixir un erro ortográfico), prema dúas veces na cela. Ou pode seleccionar a cela e despois premer Return. Para rematar de editar unha cela, só prema en calquera outro lado. |
|
Pode engadir ou borrar unha columna ou unha fila. | |
Pode fusionar celas: seleccióneas, logo no menú Táboa, prema en "Fusionar celas". | |
Se fusiona celas, só se mantén o texto nunha das celas, o texto nas outras celas bórrase cando fusiona as celas. Se decide que quere algún ou todo o texto que foi borrado, use o botón de Desfacer, mova ou copie o texto que quere, e logo fusione as celas de novo. | |
Tamén pode dividir celas que foron fusionadas previamente. Todo o contido que estaba na cela fusionada pasarase á primeira cela cando faga a fusión. Logo pode cortar e pegar texto a outras celas, se quere. |
Editar as categorías
Para editar categorías, no menú "Opcións da páxina", prema no elemento "Categorías". | |
Premendo en "Categorías" abre unha xanela que lista as categorías existentes e permite que engada outras novas, e que borre as existentes. Ten tamén a opción de configurar ou cambiar a chave xeral (predeterminada) de ordenamento, que determina onde aparece a páxina cando se lista con outras páxinas na mesma categoría. Por exemplo, a chave de ordenamento por defecto para o artigo "George Washington" é "Washington, George". Na categoría "Presidentes dos Estados Unidos", o artigo aparecerá listado na letra "W", non na "G". | |
Para engadir unha categoría a unha páxina, escriba o nome da categoría e prema en "Engada unha categoría". A medida que vai escribindo, o Editor Visual buscará unha correspondencia nas categorías existentes. Pode seleccionar unha categoría existente ou crear unha nova que aínda non teña a súa propia páxina de categoría. (Ata que a páxina desa nova categoría sexa creada, o seu nome mostrarase en vermello despois de que grave as súas modificacións.) | |
Para eliminar unha categoría existente, prema nela e na icona "Eliminar" (caldeiro de lixo) na xanela que se abre. Premendo nunha categoría tamén lle permite especificar a clave de ordenación para esa categoría específica. Esta clave de ordenación sobreponse á clave de ordenación por defecto. | |
Prema en "Aplicar os cambios" ao rematar de editar as categorías e volverá ao editor da páxina. |
Editar a configuración da páxina
Para editar a configuración dunha páxina, prema para abrir o "Opcións da páxina" menú, na barra de ferramentas, e seleccione o botón "Configuración da páxina". | |
O botón "Configuración da páxina" abre unha xanela que mostra varias opcións. | |
Pode facer que unha páxina redirixa a outra marcando a caixa "Redirixir esta páxina cara a", e despois escribindo o nome da páxina á que quere que se reenvíe ó usuario que quere ir á páxina que vostede está editando.
Na parte de abaixo está a opción de previr renomeados de páxina de actualizacións desta redireción. Esta opción utilízase raras veces. | |
Pode cambiar se a páxina mostra unha Táboa de contidos seleccionando un destes tres botóns. A opción por defecto é "Se fose necesario", que mostra unha Táboa de contidos se hai tres ou máis seccións. | |
Pode facer unha páxina que non mostre as ligazóns de editar ó lado de cada título de sección marcando esta opción. | |
Prema "Aplicar os cambios" cando remate de editar o Opcións da páxina para volver ó editor da páxina. |
Editing maps
You can add and change maps. See Help:VisualEditor/Maps . |
Editar as fórmulas matemáticas
Para engadir fórmulas matemáticas a unha páxina, poña o cursor onde quera insertala, e prema na icona "Fórmula matemática" ("Σ") no menú "Inserir" da barra de ferramentas. | |
Abrirase unha xanela na cal pode escribir a fórmula, usando sintaxe LaTeX. O Editor visual actualizará a fórmula ó tempo que a escribe, así vostede poderá ver como queda ó mesmo tempo que fai os cambios. Así que teña a fórmula correctamente escrita, prema no botón "Feito". | |
Para editar unha fórmula que xa está na páxina, prema nela e logo prema na icona "Σ" que aparece. Isto abrirá a xanela das fórmulas, onde poderá facer os cambios. | |
As fórmulas matemáticas poden engadirse dentro do texto ou centradas como un bloque. |
Editando partituras musicais
Para engadir unha nova partitura a unha páxina, poña o cursor no sitio onde quere inserila. Logo, dende o menú "Insert" na barra de ferramentas, prema na opción "Notación musical". Para editar unha partitura xa existente na páxina, prema dúas veces nela. |
|
Isto abrirá a pantalla de "Notación musical". Aquí a notación pode editarse por escala, tanto en formato ABC como en Lilypond. Tamén pode ligar a notación a un ficheiro de son ou MIDI. Así que teña rematado, prema o botón "Feito" para pechar a xanela e gardar os seus cambios. |
Editar os poemas e outros elementos especiais
Algúns elementos, como as listas de asociación e poemas, aínda non están soportados completamente no editor visual. | |
Na maioría dos casos, os elementos existentes poden editarse, pero os novos non se poden inserir no editor visual.
Ata que sexan soportados completamente, pode copiar un existente doutra páxina, ou editar o texto wiki fonte directamente. |
|
Cambiar de modo de edición
Para cambiar do editor visual ó editor de wikitexto, prema no botón [[ ]] na parte dereita máis afastada da barra de ferramentas. |
|
Se está editando algo, preguntaráselle se quere manter os seus cambios. Normalmente premerá en "Manter os cambios". |
|
Verá un diff. (Se preme en "Descartar cambios", vostede simplemente verá o wikitexto, listo para modificar co editor de wikitexto.) Desprácese á parte de abaixo e verá a área de edición de wikitexto. |
|
Tamén pode cambiar entre o editor de wikitexto e o editor visual. Para facer isto, prema na icona do lapis na parte da dereita máis alonxada. |
|
Despois de premer na icona do lapis, se está facendo algunha modificación, preguntaráselle se quere manter os seus cambios. Se preme en "Manter os cambios", apareceralle o editor visual. Se preme en "Descartar os cambios", aparecerá unha pantalla para que confirme que é o que quere facer (prema en "Deixar a páxina" para confirmar) antes de que arranque o editor visual. |
Atallos de teclado
Moitos editores insiren texto wiki directamente, especialmente negras, cursivas e ligazóns internas. Os atallos de teclado permiten inserir rapidamente formatos similares sen ter que premer nos botóns da barra de ferramentas. Aquí están os atallos de teclado de uso xeral do Editor visual.
Atallos para PC | Acción | Atallo para Mac |
---|---|---|
Ctrl+B | Negra | ⌘ Cmd+B |
Ctrl+I | Cursiva | ⌘ Cmd+I |
Ctrl+K | Inserir unha ligazón | ⌘ Cmd+K |
Ctrl+X | Cortar | ⌘ Cmd+X |
Ctrl+C | Copiar | ⌘ Cmd+C |
Ctrl+V | Pegar | ⌘ Cmd+V |
Ctrl+Z | Desfacer | ⌘ Cmd+Z |