Editor visual/Portal/TemplateData

From mediawiki.org
This page is a translated version of the page VisualEditor/Portal/TemplateData and the translation is 94% complete.
Outdated translations are marked like this.

Que é TemplateData?


O editor visual, a interface visual para editar as páxinas wiki, inclúe unha ferramenta para editar os modelos de forma doada. Non obstante, co fin de que a ferramenta sexa máis útil, ten que ser capaz de extraer a información do modelo; sobre todo, necesita unha lista de posibles parámetros para o modelo e as súas características.


Sen TemplateData


Sen TemplateData, cada parámetro ten que engadirse manualmente cando se insire un novo modelo.


Non se proporciona ningunha información acerca do valor do parámetro.

Con TemplateData


Con TemplateData, proporciónase unha lista dos parámetros permitidos (e as súas descricións) para o modelo.


TemplateData proporciona o contexto para cada parámetro e fai máis sinxela aos usuarios a tarefa de modificar os modelos.

Engadir TemplateData


Unha das cousas que necesitamos que fagan os voluntarios é engadir TemplateData ós modelos (sobre todo ós máis utilizados, como as caixas de información) para que sexan doados de editar.

A páxina de axuda de TemplateData explica como engadir a información de TemplateData a un modelo.

Probablemente se lle ocorran algúns dos modelos máis importantes do seu wiki; os usuarios experimentados saben moi ben que modelos son de gran axuda e atoparanos inevitablemente cando traten de usalos e descobran que non teñen TemplateData dispoñible.

Pode atopar unha lista xerada automaticamente dos modelos máis utilizados no seu wiki na páxina especial Special:MostUsedTemplates. Se ten interese en obter unha copia da lista en formato wiki (máis doada para a colaboración) podemos construír esa lista para vostede. Por favor, envíe a súa solicitude por correo electrónico a okeyes-arroba-wikimedia-punto-org.