Translations:Wikimedia Apps/Android FAQ/3/gl

From mediawiki.org

A aplicación de Wikipedia proporciona unha experiencia optimizada e simplificada para buscar e ler contido de Wikipedia. Sendo unha aplicación nativa, permite que os artigos se carguen máis rapidamente, e con menor uso de datos. Tamén ofrece unha interface máis sensible que é máis consistente con outras aplicacións de Android. Engade características que non están dispoñibles (ou non son posibles) na versión Web de Wikipedia, como gardar páxinas no dispositivo para lelas máis tarde, e compartir contido e imaxes dos artigos ás súas aplicacións de redes sociais favoritas.