Toolserver:Páxina principal

From mediawiki.org

This page was moved from the Toolserver wiki.
Toolserver has been replaced by Toolforge. As such, the instructions here may no longer work, but may still be of historical interest.
Please help by updating examples, links, template links, etc. If a page is still relevant, move it to a normal title and leave a redirect.

Category:Categories

Benvidos á Wikimedia Toolserver

Wikimedia Toolserver é unha plataforma colaborativa que proporciona espazo en ordenadores Unix para diversas ferramentas informáticas escritas por e para os editores dos proxectos da Wikimedia. O funcionamento é controlado por Wikimedia Deutschland e.V. coa axuda da Fundación Wikimedia.

Os que estean interesados no proxecto poden solicitar acceso ao servidor. Para máis detalles, véxase a páxina do Toolserver en Meta-Wiki.

Hardware

Hai catro servidores en funcionamento para este proxecto, dous dos cales (Zedler e Hemlock) foron xenerosamente doados por Sun Microsystems.

  • Zedler é un servidor Sun Fire V40z con dous microprocesadores Opteron 2,2 GHz, 8 GB de memoria RAM, seis discos SCSI de 146 GB e outros doce discos SATA de 400 GB.
  • Yarrow é un servidor Dell PowerEdge 1950 con dous microprocesadores dual-core 2 GHz Xeon, 16 GB de memoria RAM, dous discos SAS de 72 GB e doce discos SCSI de 72 GB e 15.000 rpm.
  • Vandale é un servidor Sun Fire V40z con dous microprocesadores Opteron 844, 8 GB de memoria RAM e seis discos SCSI de 146GB.
  • Hemlock é un servidor Sun Fire x4100 con dous microprocesadores Opteron 2,8 GHz, 8 GB de memoria RAM e dous discos SAS de 70 GB.

Software

Zedler e Yarrow funcionan con Solaris e albergan os servidores MySQL que manteñen copias en tempo real das bases de datos da Wikimedia.

Vandale funciona con Solaris e o software Sun Java System Web Server para dar acceso ás diversas ferramentas para usuarios do Toolserver (por exemplo, un rastreador de erros e un visualizador de repositorios). As licenzas de dúas destas ferramentas, JIRA e FishEye, foron xenerosamente doadas por Atlassian Software Systems mediante o seu programa de código aberto (Open Source).

Hemlock funciona cun sistema operativo Debian Linux. Ten en funcionamento un programa de control de versións (Subversion), co que os usuarios poden almacenar o código fonte dos seus proxectos, e alberga o servidor principal da rede (Apache).