Jump to content

Manual:Qué é MediaWiki?

From mediawiki.org
This page is a translated version of the page Manual:What is MediaWiki? and the translation is 79% complete.
Outdated translations are marked like this.


MediaWiki logo

O MediaWiki é un programa gratuito para servidores de internet, dispoñible baixo os termos de licencia de GNU General Public License (GPL). Está deseñado para ser executado nunha granxa de servidores que reciba millóns de accesos cada día.

Probablemente coñezas Wikipedia, a enciclopedia libre. Quizais palabras similares, pero diferentes, como Wiki, Wikimedia ou MediaWiki causaron certa confusión. MediaWiki is the software on which Wikipedia is built.

The words "wiki", "Wikimedia", and "MediaWiki" have caused some confusion.

Para saber máis sobre estas palabras, lea "Diferenzas entre Wikipedia, Wikimedia, MediaWiki e wiki " onde se explica isto.

Vista xeral

MediaWiki é extremadamente poderoso, escalábel e ten unha implementación wiki rica en funcionalidades interesantes que usa o PHP para procesar e presentar os datos almacenados nunha base de datos, como MySQL.

As páxinas de MediaWiki usan uns elementos de formateo propios, chamados notación wiki, para que os usuarios sen coñecemento de HTML ou CSS poidan editalos con facilidade.

Cando un usuario garda unha edición nunha páxina, MediaWiki escríbea na base de datos, sen eliminar as versións anteriores da páxina, permitindo así reverter as edicións en caso de vandalismo ou spam. MediaWiki pode manexar imaxes e contidos multimedia, que tamén son almacenados no sistema de ficheiros. Para as wikis máis grandes con máis usuarios, MediaWiki soporta o caching e pode ser doadamente integrado co servidor proxy. With dedicated extensions, MediaWiki can also handle structured data.

O que MediaWiki é...

MediaWiki é un software wiki.
Se non sabes o que é un wiki, por favor le este artigo da Wikipedia antes de seguir.
MediaWiki é un software de servidor.
Como con calquera software que atopas na Internet, hai moitos bugs e problemas de seguridade. Non instales MediaWiki agás que teñas pensado mantelo coas security upgrades (por favor subscríbete para recibir as novas sobre as actualización de seguridade).
MediaWiki está orientado ás necesidades dos proxectos Wikimedia.
O programa está principalmente desenvolto para ser executado nunha granxa de servidores para Wikipedia e os seus proxectos irmáns. As características, funcionamento, capacidade de configuración, sinxeleza de uso, etc están deseñados baixo esta luz, se as túas necesidades son radicalmente diferentes, o software podería non ser apropiado para ti.
MediaWiki é software libre.
Non se ofrece ningunha garantía de ningún tipo.

Proba o Wikitext

Wikitext básico (código wiki)

Si, podes doadamente modificar páxinas e podes (temporalmente) publicar frases falsas, e podes incluso escachar (temporalmente) completamente unha páxina nun wiki. Non é preciso ter ningún coñecemento de programación para facelo.

Suxerimos que practique coa nosa páxina de probas. Por favor, mantén as túas probas alí, do contrario, os admins poden non ser tan amables coas túas achegas.

Tamén podes mirar o cheat sheet que contén información básica dos comandos.

Algunhas cousas que MediaWiki non fai moi ben...

  • Debido a que MediaWiki foi deseñado para contido libre, a menudo non é adecuada para situacións nas que desexa restrinxir o acceso a parte da wiki. It can host a wiki on an organization's internal network, where only insiders see it.
  • MediaWiki foi deseñado para servir ós sitios web de moi alto tráfico, tales como Wikipedia. Foi optimizado para este uso e pode non ser tan adecuado para sitios máis pequenos, no que o disco ou memoria son máis grandes que as restriccións de ancho de banda.
  • MediaWiki normalmente non é un substituto adecuado para os foros/blogs, se iso é o que estás buscando.

Neses casos anteriores pode haber outro software wiki (ou software no-wiki), que sirva mellor as túas necesidades.

Véxase tamén