Help:Content translation/Translating/Calidade das traducións

From mediawiki.org
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Help:Content translation/Translating/Translation quality and the translation is 94% complete.
Other languages:
Bahasa Indonesia • ‎Deutsch • ‎English • ‎Nederlands • ‎Tiếng Việt • ‎Türkçe • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎italiano • ‎português • ‎shqip • ‎svenska • ‎русский • ‎українська • ‎العربية • ‎中文 • ‎日本語 • ‎한국어

Cando se crea unha tradución, é esencial que se revise o contido antes de publicalo. Vostede precisa garantir que o contido producido non está alterando o significado orixinal, e ten que verificar que soa natural na lingua de destino. A tradución automática inicial proporcionada axuda a acelerar o proceso de tradución cun punto de partida útil, pero a ferramenta incentiva ós usuarios a revisar e editar significativamente o contido inicial.

Diferentes mecanismos garanten que os tradutores editen as traducións iniciais axeitadamente. O editor de tradución rastrexa canto é modificada a tradución inicial polo usuário, e define límites diferentes para impedir a publicación, ou avisar ós usuarios para incentivalos a revisar máis o contido.

Desta forma, a ferramenta posibilita que os usuarios utilicen a tradución automática cando fagan un bo uso, mentres impide a creación de traducións de baixa calidade pobremente revisadas. Máis detalles sobre como funcionan eses límites, como poden ser axustados ás necesidades de cada lingua, e como medir a calidade do contido producido coa ferramenta proporciónanse abaixo.

Limites para incentivar a revisión da tradución

A tradución de contido mide a porcentaxe de modificacións que os usuarios fan na a tradución automática inicial proporcionada. Desa forma, o sistema sabe cantas palabras foron engadidas, eliminadas ou modificadas na tradución inicial. Estas medidas tómanse en dous niveis diferentes: por cada parágrafo e pola tradución completa. Aplícanse diferentes límites en cada nivel, como se detalla abaixo.

Limites para toda a tradución

Erro amosado cando se tenta publicar unha tradución automática con poucas modificacións. Este límite foi axustado para o Indonesio baseándose na retroalimentación dos seus editores.

A publicación está bloqueada se o 99% ou máis de todo o documento consta de contido non modificado e traducido automáticamente. Este límite impide as traducións automáticas case en bruto e elude un claro vandalismo. Tamén impide aos usuarios simplemente engadir contido sen editar a parte de tradución automática. Como se detalla abaixo, este límite pode axustarse en función da lingua.

Límites para cada parágrafo

Aviso amosado para un parágrafo específico onde a cantidade de tradución automática non modificada excede os límites.

Para cada parágrafo, a porcentaxe de modificacións de usuario tamén son medidas. Un parágrafo considérase problemático cando contén máis do 85% da tradución automática inicial (ou, cando a copia dos contidos do documento orixe, contén máis do 60% de contido sen modificar).

O editor de tradución amosará una aviso para cada parágrafo que se considera problemático, animando ó usuario a revisar esa tradución. Nalgúns casos, os usuarios teñen a posibilidade de publicar os contidos, pero a páxina resultante pode ser engadida a unha categoría de mantemento de traducións potencialmente sen revisar, co fin de que a comunidade poida revisalas. Noutros casos, os usuarios non poderán publicar a tradución.

Hai varios factores considerados para determinar cando permitir ó usuario publicar ou non (algúns destes está aínda en desenvolvemento).

  • O número de parágrafos problemáticos. Os usuarios non poden publicar traducións con 50 ou máis parágrafos problemáticos. Os usuarios poden publicar traducións con menos de 50 parágrafos problemáticos, pero as traducións entre 10 e 49 parágrafos problemáticos serán engadidas a unha categoría de seguimento de traducións potencialmente sen revisar para ser revisadas pola comunidade.
  • Traducións anteriores eliminadas. Para evitar problemas recorrentes, a ferramenta identifica aos usuarios cuxas traducións publicadas foron eliminadas nos últimos 30 días e impón límites moito máis estritos aos seus posteriores esforzos de tradución. Neses casos, as traducións con 10 ou máis parágrafos problemáticos non poderán publicarse, mentres que aquelas con 9 ou menos parágrafos problemáticos serán engadidas a unha categoría de seguimento de traducións potencialmente sen revisar para que sexan revisadas pola comunidade.
  • Confirmación de usuario. Un límite menos estrito é considerado para parágrafos que os usuarios marcan como resoltos, como sinal de que o usuario revisou e confirma o estado da tradución. Para os parágrafos onde se amosa o aviso de contido sen modificar pero o usuario marca como resoltos, aplicamos un límite menos estrito (aceptando un 95% de tradución automática ou un 75% de contido da fonte). Isto proporciona unha forma de acomodar os casos onde a tradución automática foi excepcionalmente boa, pero aínda evita o abuso potencial da ferramenta (p.ex. non seguindo a cegas a confirmación do usuario).

Contidos non afectados polos límites

Algúns contidos non se espera que sexan modificados significativamente, e non son considerados cando se aplican os límites descritos arriba. Os títulos de seccións moi curtos, as citas, ou a lista de referencias están excluídas destes controis. Porén, os usuarios poderían recibir avisos enganosos sobre a tradución de contido que non debería ser, como os títulos de libros que aparecen en referencias ou noutros nomes propios.

Axustando os límites

Os límites descritos arriba proporcionan un conxunto de mecanismos xerais, pero poden necesitar axustes para as necesidades particulares de cada wiki. Baseándose en avaliacións iniciais, a cantidade de modificacións necesarias sobre a tradución automática inicial pode variar desde o 10% ó 70% dependendo do par de linguas. Nalgúns wikis os límites por defecto poden ser demasiado estritos, xerando ruído innecesario ou evitando que traducións perfectamente válidas sexan publicadas. Noutros wikis, os límites poden ser pouco estritos, permitindo a publicación de traducións que non están ben revisadas.

Axustar os distintos limiares permite que cada wiki adapte os límites da ferramenta segundo as súas necesidades particulares. Os comentarios dos falantes nativos é esencial para axustar os límites correctamente. Se os límites actuais non semellan funcionar ben baseándose na súa experiencia creando o revisando traducións, por favor, comparte a túa opinión e nós podemos explorar como axustalos mellor.

Para dar a súa opinión sobre a maneira de axustar eses limiares, recomendamos probar a crear varias traducións de exemplo (asegúrese de marcar as opcións de tradución se a súa proba non pretende ser publicada como un artigo). Cando probe como funcionan os límites para a súa lingua, é de utilidade ter en mente o seguinte:

  • Control para ambos os dous casos. Asegúrese de revisar como funcionan os límites para as traducións onde o contido foi pouco modificado e tamén para as que a tradución inicial foi bastante corrixida. Deste xeito pode atopar de forma máis doada o equilibrio correcto para os límites. Comprobando só un tipo de problema pode levalo a suxerir que se movan demasiado os limiares na dirección incorrecta.
  • Verifique contidos diferentes. O contido nun wiki é moi diverso, e a tradución automática pode traballar moito mellor para uns casos que para outros. Por exemplo, os contidos cheos de datos numéricos ou nomes técnicos poden requirir menos modificacións dos usuarios que os contidos con textos máis descritivos. Asegúrese de probar traducindo unha variedade de tipos de artigos diferentes, de lonxitude variable, con contido dispar.
  • Prepárese para repetir. Axustar os limiares é un proceso repetitivo. Pode requirir facer un axuste personalizado aos limiares ou mellorar a aproximación xeral. En calquera caso, despois de cada cambio poden ser precisas máis probas para verificar as melloras.

Axustar os límites en colaboración con outros editores probou que é eficaz. Por exemplo, os resultados iniciais mostran que a comunidade indonesia foi capaz de reducir significativamente o número de traducións problemáticas que recibían restrinxindo a publicación de traducións con máis do 70% do contido de tradución automática sen modificar. Similar adjustments have been made for Telugu and Assamese language wikis. Non hai unha ferramenta automática que sexa infalible, e estes límites non son unha excepción.

O proceso de revisión de contido pola comunidade é aínda esencial, pero estes límites proporcionan ás comunidades ferramentas para reducir o número de traducións que teñen que revisar, facendo o proceso de revisión moito máis eficaz. Por favor, deixa a túa opinión e poderemos estudar a maneira de axustalos mellor.

Seguindo as traducións potencialmente non revisadas

Unha categoría de seguimento con nome "cx-unreviewed-translation-category" está a disposición da comunidade para atopar de forma sinxela artigos que foron publicados con algún contido excedendo os límites recomendados.

Pode atopar esta categoría na lista de categorías de seguimento de cada wiki. Alí pode atopar os artigos que pasaron os límites que evitan a publicación pero que aínda teñen algúns parágrafos que foron modificados menos do esperado. Por exemplo, a categoría indonesia inclúe artigos que teñen menos do 40% de tradución automática xeral pero teñen algúns parágrafos con máis do 80% de tradución automática sen modificar.

Medición da calidade das traducións

Avaliar a calidade do contido automático non é trivial. Os ratios de borrado proporcionan unha estimación de utilidade de se o contido creado foi bo abondo para os editores da comunidade. Baseándose na análise de ratios de borrado, os artigos que son creados como traducións son menos probables de ser eliminados en comparación cunha versión inicial do artigo creado desde cero. Isto suxire que pode non ser práctico pór os límites para participar con traducións moito máis altos que os aplicados ara outros xeitos de creación de artigos.

Find published translations

A utilidade de tradución de contido engade unha marca de modificación contenttranslation ás traducións publicadas. Isto permite ás comunidades a posibilidade de usar Cambios recentes e ferramentas similares para centrarse nas páxinas creadas empregando a ferramenta de tradución. Ademais, os datos sobre as traducións publicadas e as estatísticas de uso de traducións automáticas están dispoñibles para todo o mundo para analizalas.

Inspect a specific translation

Translation debugger example

The Translation debugger is a tool that allows the inspection of some metadata for a given translation, including the percentage of machine translation used for the whole document, and the translation service used for each paragraph.

Outros límites baseados na experiencia do usuario

Erro que amosa unha restrición editorial baseada na experiencia do usuario. Este exemplo está baseado na decisión da comunidade da Wikipedia inglesa de limitar a publicación directa no espazo de nomes principal só a usuarios autoconfirmados.

Algúns wikis aplicaron outras restricións para as traducións baseándose nos dereitos de usuario como un xeito de reducir a creación de traducións de baixa calidade. Por exemplo, a Wikipedia inglesa require ós usuarios ser confirmados extendidos, o cal significa que necesitan para facer 500 edicións na Wikipedia inglesa antes de permitirlles publicar unha tradución como un artigo. Os editores máis novos poden publicar artigos traducidos no espazo de nomes User: ou Borrador, e logo movelos ó espazo principal.

Esta restrición foi creada antes de que estivera dispoñible o sistema de límites descrito nesta páxina, e non é a aproximación recomendada para animar á creación de traducións de boa calidade.

Antes de engadir restricións que non teñen en conta o contido creado, considere pasar polo proceso de axustar os límites de contido sen modificar como se describiu arriba. Os límites poden facerse tan estritos como sexa necesario para evitar traducións de baixa calidade, mentres se permite publicalas ós editores que fan boas traducións.