Tradución de contido

From MediaWiki.org
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Content translation and the translation is 82% complete.

Outdated translations are marked like this.
Other languages:
Afrikaans • ‎العربية • ‎تۆرکجه • ‎беларуская (тарашкевіца)‎ • ‎български • ‎català • ‎کوردی • ‎čeština • ‎Cymraeg • ‎dansk • ‎Deutsch • ‎Ελληνικά • ‎English • ‎Esperanto • ‎español • ‎فارسی • ‎français • ‎galego • ‎עברית • ‎magyar • ‎interlingua • ‎Bahasa Indonesia • ‎italiano • ‎日本語 • ‎한국어 • ‎lietuvių • ‎македонски • ‎മലയാളം • ‎মেইতেই লোন্ • ‎Bahasa Melayu • ‎မြန်မာဘာသာ • ‎Nederlands • ‎polski • ‎پښتو • ‎português • ‎português do Brasil • ‎русский • ‎سنڌي • ‎සිංහල • ‎српски / srpski • ‎svenska • ‎తెలుగు • ‎ไทย • ‎Türkçe • ‎українська • ‎اردو • ‎中文
O Tradutor de contidos amosando información sobre unha ligazón no artigo orixe e na tradución.

A ferramenta de Tradución de contido permite aos usuarios crear traducións directamente dende o artigo orixinal e automatiza os pasos tediosos: copiar o texto dende as páxinas do navegador, procurar polas ligazóns e categorías correspondentes, etc. Proporcionando unha experiencia máis fluída facemos que os tradutores empreguen o seu tempo creando contido de gran calidade que se pode ler de xeito natural na súa lingua.

A ferramenta, mentres aínda estea en desenvolvemento, está á túa disposición para probala e xa foi empregada para crear milleiros de artigos, mellorando a produtividade dos tradutores.

[1][2]

O Tradutor de contidos integra ferramentas como dicionarios ou servizos de tradución automática. Estes non están dispoñibles en tódalas linguas, pero a ferramenta será mellorada para incluír máis.

O Tradutor de contidos complementa a extensión xa existente Traducir: mentras que o texto dos menús de Wikipedia e outros elementos da interface de usuario son sincronizados pola comunidade usando Traducir, o contido de Wikipedia pode ser traducido usando o Tradutor de contidos.

Proba a ferramenta

Podes acceder á ferramenta dende Especial:ContentTranslation de Wikipedia en calquera idioma. Ó acceder por primeira vez, activará a ferramenta nese wiki.

O Tradutor de contidos está dispoñible como característica de beta en tódalas Wikipedias para usuarios rexistrados. Unha vez habilitado, verás puntos de acceso adicionais para comezar a traducir doadamente, dende a túa páxina de "contribucións" ou dende a lista de artigos de Wikipedia noutras linguas se non están dispoñibles na túa lingua.

Se tiveches algún problema coa ferramenta ou simplemente queres compartir a túa experiencia como usuario, comparte os teus comentarios na páxina de conversa.

Gravación de pantalla na que se mostra como usar o Tradutor de contidos.

Finalidade da ferramenta

O Tradutor de contidos permíteche crear unha versión inicial dun artigo de Wikipedia sobre a base existente dun artigo noutra lingua. O obxectivo da ferramenta é transferir e adaptar os contidos dun artigo existe a outro novo nunha nova lingua. Permite ós editores reutilizar o máximo contido posible na súa versión inicial para logo seguir editándoo coas ferramentas habituais.

Esperamos que o Tradutor de contidos vos axude a expandir a suma do coñecemento humano a máis linguas. A ferramenta está dirixida ós usuarios que saben dúas ou máis linguas.

Permitirá simplificar o proceso de traducir contidos ós editores. Actualmente, un 15% dos usuarios editan nunha segunda lingua. Estes usuarios multilingües son máis prolíficos que aqueles que só editan nunha lingua, realizando 2,3 veces máis edicións en promedio.[3]

Ademais, a ferramenta pretende atraer a novos editores que se poden beneficiar desta nova maneira de contribuír de forma máis doada que creando unha páxina dende cero.

A ferramenta está deseñada seguindo os seguintes principios:

  • Aforrar tempo. Axuda ós tradutores a crear contido rapidamente, sen ter que copiar e pegar usando ferramentas externas.
  • Proporcionar axuda. Prevén erros e fai que os usuarios se sintan máis seguros coas súas traducións.
  • Animar a calidade das traducións. A ferramenta debe comunicar de forma correcta o propósito das tradución no contexto de Wikimedia e debe axudar a outros usuarios a evitar traducións de mala calidade.
  • Non forzar ó usuario. Dado que os tradutores seguen diferentes patróns de edición, as axudas non deberían entremeterse no proceso de edición.
  • Centrarse no contido. A tradución céntrase máis no contido que en darlle formato ó texto. Os elementos técnicos como o código wiki deben tratarse de maneira que non compliquen a tradución.

Están dispoñibles máis detalles sobre as analíticas consideradas.

Como participar


Todas as páxinas relacionadas

Notas