Axuda:Editor visual/Preguntas frecuentes

From MediaWiki.org
Jump to: navigation, search
This page is a translated version of the page Help:VisualEditor/FAQ and the translation is 89% complete.

Other languages:
العربية • ‎asturianu • ‎azərbaycanca • ‎български • ‎বাংলা • ‎čeština • ‎dansk • ‎Deutsch • ‎Zazaki • ‎Ελληνικά • ‎emiliàn e rumagnòl • ‎English • ‎British English • ‎español • ‎eesti • ‎فارسی • ‎føroyskt • ‎français • ‎galego • ‎Avañe'ẽ • ‎עברית • ‎hrvatski • ‎magyar • ‎Հայերեն • ‎Bahasa Indonesia • ‎italiano • ‎日本語 • ‎ქართული • ‎한국어 • ‎Lëtzebuergesch • ‎lietuvių • ‎Nederlands • ‎polski • ‎پښتو • ‎português • ‎português do Brasil • ‎русский • ‎Scots • ‎slovenčina • ‎slovenščina • ‎српски / srpski • ‎Basa Sunda • ‎svenska • ‎தமிழ் • ‎తెలుగు • ‎Türkçe • ‎українська • ‎ייִדיש • ‎中文
PD Nota: Se vostede edita esta páxina, vostede concorda con liberar a súa contribución coa licenza CC0. Vexa Páxinas de Axuda sobre o Dominio Público para máis información.
PD

Xeral[edit | edit source]

Que é o editor visual?
O editor visual é unha iniciativa de desenrolo de software comezado pola Fundación Wikimedia que permitirá editar páxinas en MediaWiki sen necesidade de aprender a sintaxe do texto wiki. Co editor visual, formatear as páxinas será moi similar a un procesador de texto - mentras se edita, o texto terá un aspecto semellante ó que terá cando sexa grabado.
Por que se está a facer este cambio?
A maior barreira para que a xente faga a súa primeira edición, e por tanto a maior barreira para comezar o camiño que poida levar a alguén a ser un membro produtivo e experimentado da comunidade, é o complexo texto wiki usado na antiga ventana de edición. Para aumentar o número de primeiras edicións existosas, necesitamos un sistema de edición mellor. Por favor lea a nosa explicación detallada para máis detalles.
Cando se vai a activar o Editor visual na miña wiki?
O calendario vixente para futuras actualizacións atópase en mw:VisualEditor/Rollouts.

O Editor visual foi ofrecido á maioría das Wikipedias máis grandes en xullo de 2013. Máis da metade das Wikipedias recibiron o Editor visual na segunda metade do 2013. O Editor visual instalarase case ó resto das Wikipedias en 2014. Actualmente, a idea é intalalo primeiro nos sitios Wikipedia, e distribuílo ó resto de proxectos irmáns despois, debido á complexidade dalgúns dos cambios necesarios.

Por que estades instalando o software cando o desenvolvemento aínda non rematou?
O software non está rematado; ten características que teñen que ser engadidas e problemas que hai que resolver. Ó final, a mellor forma de atopar erros e identificar características que falten é ter tanta cantidade de xente como sexa posible mirando, usando e traballando co software. Aínda que sabemos que os erros son molestos no curto prazo, serán amañados, e esta distribución é o que nos permite identificalos como cousas que hai que amañar.
Atopei un problema co Editor visual. Como podo avisar para que o amañen?
Se está disposto e é capaz, por favor avise do erro en bugzilla na sección de produto Editor visual. A maioría das Wikipedias grandes tamén teñen unha páxina para recibir comentarios sobre o Editor visual; vexa a lista en Wikidata. Tamén hai unha páxina central de avisos en mediawiki.org.
Como desactivo o Editor visual?
Para continuar editando directamente o wikitexto, simplemente prema o botón "Edit source" en vez de "Edit". Nas ligazóns de edición das seccións, vostede pode abrir o editor clásico de texto wiki nesa sección premendo "edit source" en vez da ligazón "edit".
Falta unha funcionalidade no Editor visual. Como podo pedir que a engadan?
Algunhas funcionalidades están actualmente en desenrolo ou planexadas (como soporte para partituras musicais). A ruta de traballo e os obxectivos do equipo de enxeñaría de Wikimedia para o 2013-2014 proporcionan algunha información adicional. Se vostede non atopa ningunha referencia á funcionalidade que quere suxerir, por favor envíea usando o mesmo proceso que hai para avisar dun problema.
Aínda será posible editar usando o wikitexto cando o Editor visual sexa a interface de edición primaria?
Si. Aínda que o Editor visual vai a converterse no contorno de edición por defecto, continuará a existir un método subxacente para editar o texto "fonte". Non hai plans para eliminar a opción de "Editar código fonte".
Podo utilizar wikiformato como [[]] e {{}} no Editor visual?
Non. No canto diso use as funcionalidades de ligado e de modelos. Consulte a Guía de Usuario do Editor visual para atopar máis información sobre como usar o Editor visual.
Por que o meu navegador non está soportado?
A Construción dunha interface de edición moderna para Wikipedia e as súas wikis irmáns é un desafío a nivel técnico, pero é posible usando modernas tecnoloxías e estándars da web. Desgrazadamente, algúns navegadores non soportan varias das características que precisamos para o Editor visual. Estamos facendo todo o que podemos para soportar os navegadores máis comúns: o Editor visual funciona ben coas versións máis recentes de Firefox, Chrome, Opera e Safari, e tamén está previsto o soporte para Internet Explorer 9 e superiores. Sen embargo, tentar amañar os problemas que hai cos navegadores antigos desviaría recursos das melloras que beneficiarían á maioría de usuarios. Pedímoslle que actualice o seu navegador a unha versión que esté soportada, e se non pode, que continúe a editar usando o editor de wikitexto fonte. (Vexa VisualEditor/Target browser matrix para máis detalles)
Están preocupados por un potencial gran incremento nos vandalismos?
Este non foi un problema en ningunha das Wikipedias nas que xa están usando o Editor visual.
O Editor visual funciona co ProofreadPage do Wikisource, predefinicións do Wikcionario, ou outras funcionalidades que non ten a Wikipedia?
O Editor visual só está activo actualmente nos sitios da Wikipedia, pero foi deseñado para ser abondo flexible para ser usado na maioría dos sitios da Wikimedia. Despois de publicalo na Wikipedia traballaremos para asegurarnos de que o Editor visual funciona correctamente coas funcionalidades específicas dos sitios irmáns.
Podo instalar o Editor visual na miña wiki personal fóra de Wikimedia?
Si, pola súa conta e risco. O Editor visual e a extensión Parsoid están dispoñibles pero aínda son experimentais, note que Parsoid require nodeJS. Se vostede as instala e usa, por favor díganos que funciona e que non in Bugzilla.
Onde podo saber máis sobre o uso do Editor visual?
Por favor, mire a Guía do usuario do Editor visual.
O Editor visual fai correccións automáticas nas páxinas?
Na maioría dos casos, o Editor visual non fai cambios no formato das liñas que non están sendo editadas directamente. En casos nos que a lingua de etiquetado está tratada incorrectamente (por exemplo, táboas que non están pechadas), poderá tentar correxilos.
A miña pregunta non está aquí. Ónde podo preguntar?
Vostede pode facer preguntas sobre o Editor visual na páxina de avisos da súa wiki (mire a lista en Wikidata) ou na páxina central de comentarios en mediawiki.org.